A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO), constituíuse como asociación sen ánimo de lucro en xaneiro do 2005, co obxectivo de dinamizar o comercio local e dar soporte aos empresarios que operan no Eixo Comercial do Val Miñor, concretamente no Concello de Gondomar.
Dende a súa fundación, a Asociación presidida por D. Manuel Copena defende a necesidade de promover actuacións que sirvan para atraer poboación e visitantes a Gondomar, como un medio para revitalizar o comercio, a hostalería e a empresa en xeral. Con esta idea na mente, ACHEGO organiza diferentes iniciativas e eventos que permiten promocionar tanto ás empresas como os numerosos atractivos que Gondomar ten de por si.
A web que estades a ver é unha das últimas iniciativas de ACHEGO para que o mundo coñeza o que Gondomar ten que brindar. Descubre os múltiples atractivos desta terra e coñece o que os seus comerciantes e empresarios poden ofrecer.